|
O control PickerTree é unha lista desplegable xerárquica, similar a
unha combo-box de Windows pero capaz de mostrar unha árbore de opcións
en vez de unha lista. Ademais, é posible seleccionar múltiples elementos
da lista, restrinxir os nodos seleccionables, e utilizar diversos modos
de formateo para mostra-la información.
Desde estas páxinas pode descargar gratuitamente:
Pode adquirir a edición estándar deste compoñente desde estas páxinas ou ben a
través dos nosos distribuidores.
Advertencia
Debido a un fallo recoñecido por Microsoft, que se pode atopar documentado nos artigos
Q177996 e Q237286 da súa knowledge base, o evento NodeCheck
da versión 1.1 deste control pode non ser recibido
cando se traballa desde o IDE de Visual Basic. O evento
si é recibido correctamente cando o control é usado
por un programa compilado a EXE.
A pesar do fallo de Microsoft, a nova versión 1.5 do control
funciona correctamente. Se vostede é usuario rexistrado da
versión 1.1 do control, póñase en contacto con
nós para obter unha actualización gratuita á versión 1.5.
Máis información
O control pechado ten este aspecto:

Pulsando o botón á dereita do cadro de texto, a lista ábrese
amosando este aspecto:

Mediante a propiedade MultiValue é posible establecer se o control
permitirá a selección múltiple ou non. No exemplo seguinte, esta
propiedade estableceuse a True:

Ás veces pode ser convinte que o PickerTree amose os nomes completos (ou
"paths") dos nodos seleccionados, é dicir, os seus nomes
precedidos dos nomes completos dos seus nodos pai. A propiedade UsePath
permite controlar este comportamento. Tamén se pode cambiar o texto de
separación utilizado para compoñer estes nomes completos mediante a
propiedade TextSeparator. A seguinte figura amosa un control PickerTree
con UsePath establecido a True e TextSeparator establecido a
":".

Finalmente, a semántica dos nodos pode requerir que somentes os nodos
terminais (é dicir, os que non teñen nodos fillos) podan ser
seleccionados. A propiedade OnlyLeaves permite cambiar este comportamento.
A imaxe que segue amosa un control PickerTree con OnlyLeaves establecido a
True. Obsérvese cómo os nodos non terminais están deshabilitados, de
modo que somentes os terminais poden ser seleccionados.

|