|
|
|
Introducción
- Este documento describe as condicións xerais
que rixen os servicios de aloxamento web que a empresa "Neco,
Tecnologías de la Información, S. L." proporciona ós seus
clientes.
- En xeral, a solicitude e utilización de ditos servicios supón a aceptación
destas condicións xerais.
Ámbito e Aplicación
-
As condicións xerais explicadas a
partir da sección seguinte aplícanse a todos os servicios de
soporte e asesoría que Neco preste ós seus
clientes, incluindo (pero non limitados a)
servicios de reserva e xestión de dominios,
aluguer de servidores e infraestructuras de comunicacións destinados
a manter sitios web, xestión e mantemento de sitios
web, e calquera outra labor asociada.
- Ademáis, ditas condicións xerais
aplicaranse independentemente da existencia de acordos ou
contratos escritos.
- Estas condicións xerais atópanse vixentes desde o 1 de Xaneiro ata
o 31 de Decembro de 2002, e prorrogaranse automática
e indefinidamente en ausencia de especificación contraria.
Modo de Servicio
- Neco proporciona
servicios de aloxamento web como axente autorizado de Acens, de modo que
unha gran parte dos servicios prestados son automáticamente
subcontratados a dita empresa.
- A todos os efectos, Neco facturará
directamente ós seus clientes os servicios de aloxamento web
proporcionados.
- Os servicios de aloxamento web serán
contratados por un mínimo de dous meses naturais máis a fracción
de mes natural restante a partir da data de contratación.
- Estes servicios poderán darse de baixa en
calquera momento transcorrido o periodo inicial sinalado, mediante
solicitude por escrito por parte do cliente cun mes de
antelación.
- Neco facturará ós seus clientes os
servicios de aloxamento web prestados cada mes, exceptuando a
primeira cota, na que se incluirá o servicio dos dous
primeiros meses naturais completos máis o prorrateo
correspondente á fracción de mes natural restante a
partir da data de contratación.
- Os servicios de solicitude e xestión de dominios serán
realizados gratuitamente por Neco, pero o cliente haberá de
pagar o precio estipulado pola autoridade de Internet
competente.
Planos
-
Existen diferentes planos de aloxamento, con diferentes
funcionalidades e características:
-
Plan Premier. É un plan básico, que utiliza servidores Unix e proporciona servicios
básicos de aloxamento web ata 75 MB,
3,5 GB/mes de transferencia máxima, ftp e 10 buzones de correo
electrónico baixo o seu propio dominio.
-
Plan Windows 2000 Pro. É un plan
avanzado, que utiliza servidores Windows
2000 e proporciona servicios de aloxamento web ata 225
MB, 8 GB/mes de transferencia máxima, ftp, 20 buzóns de correo
electrónico, páxinas activas ASP e acceso a bases de datos
ODBC.
|
|