Condicións xerais de soporte

Tarifas

Inicio Buscar

Introducción

  1. Este documento describe as condicións xerais que rixen os servicios de soporte que a empresa "Neco, Tecnologías de la Información, S. L." proporciona ós seus clientes.
  2. En xeral, a solicitude e utilización de ditos servicios supón a aceptación destas condicións xerais.

Ámbito e Aplicación

  1. As condicións xerais explicadas a partir da sección seguinte aplícanse a todos os servicios de soporte e asesoría que Neco preste ós seus clientes, incluindo (pero non limitados a) servicios de instalación, configuración e mantemento de infraestructuras informáticas, asesoría relacionada coa adquisición ou utilización de hardware, software e infraestructuras de comunicacións, apoio e asistencia en labores de sistematización de información ou procedementos, e labores auxiliares de formación e axuda.
  2. Ademáis, ditas condicións xerais aplicaranse independentemente da existencia de acordos ou contratos escritos.
  3. Estas condicións xerais atópanse vixentes desde o 1 de Xaneiro ata o 31 de Decembro de 2002, e prorrogaranse automática e indefinidamente en ausencia de especificación contraria.

Modos de Servicio

  1. Existen tres modos de servicio:
    • Por suscrición. O cliente paga a Neco unha cuota periódica previamente convida.
    • Por volume. O cliente paga a Neco según as horas de traballo realizadas e o volume do mesmo.
    • Por presuposto. O cliente paga a Neco según presupostos realizados de antemán.
  2. O modo de servicio deberá especificarse no momento do acordo ou contrato, aínda que poderá ser modificado de mutuo acordo en cualquera momento posterior.
  3. No modo por suscrición, o cliente e Neco pactarán, no momento do acordo ou contrato, unha cota fixa periódica, un periodo de devengo, e o volume máximo de servicio que, a cambio, Neco garante ó cliente. Calquera traballo realizado por encima de dito máximo será facturado separadamente según se conveña.
  4. No modo por volumen, o cliente e Neco pactarán, no momento do acordo ou contrato, tarifas por tempo traballado, por desprazamentos realizados, e por soporte telefónico, así como calquera tipo de bonificación que poda ser aplicable.
  5. No modo por presuposto, o cliente e Neco pactarán, no momento do acordo ou contrato, o precio da realización dos presupostos, tanto aceptados como non aceptados, así como tarifas por soporte telefónico.

Soporte Telefónico

  1. Os servicios descritos anteriormente non incluirán, en ningún caso, asistencia telefónica máis alá das conversacións telefónicas que de modo natural poidan xurdir. Calquera servicio que involucre a resolución de problemas ó través de conversación telefónica será contratado por separado.