|
Neco é unha empresa privada nacida a partir do
Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais da Universidade de Santiago
de Compostela
(España)
en 1999. Debido á súa orixe universitaria, Neco aposta pola
investigación en informática básica e aplicada, a todos os niveis,
e tenta integrala no proceso de producción empresarial.
Neco está especializada en labores de soporte
ó desenvolvemento de software, tanto en formación avanzada como na
aplicación de metodoloxías orientadas a
obxectos e desenvolvemento de compoñentes COM/ActiveX. Tamén
temos gran experiencia en proxectos de sistemas de información e
soporte de informática
empresarial.
Neco está dirixida por César
A. González e conta cun equipo
de oito
persoas.
Non dubide en poñerse en contacto con nós para
calquera cuestión ou
suxerencia.
|